lunes, 13 de diciembre de 2010

A CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE QUERE FELICITARVOS O NADAL







¡¡¡BO NADAL!!! Que o neno Deus nos traia máis loita pola xustiza e menos cadeas...
Unha aperta a todos.
PD: esta postal repartiuse na Marcha de Nadal do pasado 11 de Decembro.

MARCHA POLA XUSTIZA







O pasado sábado 11 de decembro saímos á rúa en Santiago para denunciar as causas da fame, o paro e a escravitude infantil. Percorremos en silencio as rúas do Ensanche porque EN SILENCIO morren cada día 100.000 persoas por fame... co noso silencio, co silencio dos medios de comunicación,...
Logo tivemos unha concentración onde se expuseron experiencias de loita solidaria e houbo un discurso final recordando a necesidade de abrir paso á corrente solidaria na nosa sociedade.
Na cidade de A Coruña tivo lugar unha concentración que fixo que Riego de Agua fose un espacio distinto, onde os empobrecidos tiñan un lugar destacado.

Seguimos...






jueves, 2 de diciembre de 2010

EUCARISTÍAS POLA XUSTIZA

DOMINGO 12 DE DECEMBRO
EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:
PARROQUIA DE BERTAMIRÁNS
PARROQUIA DE ORTOÑO
PARROQUIA DE SALGUEIRIÑOS "CASA AGRARIA"
EN A CORUÑA:
PARROQUIA SAN FRANCISCO JAVIER

MARCHAS E CONCENTRACIÓNS POR TODA ESPAÑA


CADA DÍA MORREN 100.000 PERSOAS POR FAME. 50.000 SON NENOS.

¿QUE RAZÓN LLES VAS DAR PARA NON LOITAR?

http://www.solidaridad.net/noticias.php?not=6448
SÁBADO 11 DE DECEMBRO
12H. PZA DO TOURAL (SANTIAGO DE C.)
19H. RIEGO DE AGUA (A CORUÑA)

VIXILIA EN SOLIDARIEDADE...


Para preparar a Marcha contra as causas da fame... comezamos a fin de semana intensa cunha Vixilia na Igrexa de Salomé na Rúa Nova (Santiago de Compostela).
Será ás 20:15h en colaboración cos catequistas, coro, e con todos aqueles que queiran...
Para máis información, non dubidedes en escribirnos ou chamarnos.

NOVEMBRO DE ESCOITA, DE DIÁLOGO, DE LOITA SOLIDARIA...







Este novembro tivemos actividades que foron espacios de encontro, de diálogo, de escoita... Na casa de cultura un cine - forum sobre o documental "Capitalismo: unha historia de amor" e na Casa das asociacións... Muller Luz.
E isto continúa...