jueves, 24 de febrero de 2011

CAMPAÑA "LIBRE" DA XUNTA PARA CONCIENCIAR AOS MOZOS DE QUE NON BEBAN SE VAN A CONDUCIR


Eu hoxe quero poñer o acento no nome da campaña... Campaña ¡¡¿LIBRE?!!. ¿Temos unha mocidade libre? Unha mocidade que sofre o fracaso escolar, o paro, a explotación... unha mocidade que se asocia moi pouco para loitar polo seu futuro e moito para outras cousas...
¿Que sociedade deixamos os adultos aos mozos de 25 anos? Cando os seus pais e os seus avós tiñan 25 anos, xa tiñan acceso á vivenda, á propiedade, a un traballo digno... tiñan posibilidade de formar unha familia se querían. ¿Que teñen eles? Realmente este é o diálogo sobre a mocidade hoxe... as tasas de paro do 50% nestas franxas de anos non lles deixa ser libres e mentres, os poderes ocupados e ocupando os nosos cartos, en que non se maten por estar ebrios.