lunes, 11 de abril de 2011

16 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL


O Concello de Santiago de Compostela ten unha débeda con Iqbal Masih. Este Concello aprobou hipocritamente unha Moción contra a Escravitude Infantil pero non fai nada. A Moción non significou nada!

Hai Concellos en España que poñen a Iqbal Masih como exemplo para a xuventude... Hai Estatuas, prazas, folletos informativos, libros escolares... O Sr Bugallo, a pesar de que llelo pediron centos de nenos e adultos da cidade por escrito, prefire propoñer outros modelos... Nós cremos que ter como modelo a Iqbal sería un bo servizo aos nenos e mozos compostelanos. QUEREMOS UNHA PRAZA PARA IQBAL MASIH EN SANTIAGO DE COMPOSTELA!!