martes, 19 de abril de 2011

¡¡¡AGORA queremos unha praza para Iqbal en Santiago!!!

A candidata do Partido SAIn por Santiago rematou o seu discurso do 16 de abril con estas palabras:

Por iso nós... que sabemos que a escravitude infantil é un CRIME POLÍTICO E SINDICAL. Que sabemos que é provocada para beneficio dalgúns, poucos! Que coñecemos a historia de Iqbal, a historia dun loitador... POR ISO NÓS... QUEREMOS UNHA PRAZA NA CIDADE PARA IQBAL MASIH. Para dar á nosa mocidade outros “modelos”... poñer o nome de Iqbal Masih a unha praza da cidade.

Iqbal Masih é un exemplo de loita asociada e de solidariedade... o mellor para a nosa mocidade. Sen embargo, o Concello de Santiago aproba hipocritamente unha Moción contra a Escravitude Infantil pero non fai nada... A Moción non significou nada! para os señores Concelleiros.

Centos de mozos e nenos loitan no mundo pola liberdade. Millóns de nenos son escravos no mundo... ¿Non hai razóns suficientes para isto? Queremos erradicar a escravitude infantil... queremos loitar con todas as nosas forzas... e queremos que a nosa cidade loite! AGORA QUEREMOS A PRAZA PARA IQBAL. AGORA QUEREMOS ERRADICAR A ESCRAVITUDE INFANTIL. AGORA.