jueves, 16 de junio de 2011

EN LA OFICINA DE EMPLEO...


Manuel, fontaneiro, 45 anos. "Xa se vía vir. Non había traballo, cobrabamos mal e eu xa levaba dúas semanas pola oficina facendo cousas que non eran do meu". "... Nestes dous anos non me vai faltar iniciativa. Eu son un oficial cunha experiencia de 25 anos. Pero a verdade é que a cousa está moi mal". Como tantos, a familia conta co apoio dos avós, resistentes na aldea cun máster de autoconsumo e un superávit de polos, patacas e leitugas. O fondo de resistencia, a rede que consegue que, despois do último escalón, aínda exista a posibilidade de axuda pese ao esgotamento do sistema público. Tal vez por iso, Manuel aínda sexa quen de ver con optimismo os primeiros días de vacacións en varios anos, fronte ao escuro panorama laboral que se aveciña.