martes, 17 de diciembre de 2013

Concentración solidaria contra as causas da fame

Queridos amigos:

Nestas datas de Nadal queremos convidarvos a compartir con nós o acto contra as causas da fame de Santiago de Compostela.

Tras 30 anos de Marchas Solidarias, nesta ocasión queremos facer fincapé naquelas persoas e asociacións que traballan permanentemente na loita pola xustiza... convidámosvos a percorrer o "Itinerario da Fame" que faremos entre Xeneral Pardiñas e a Pza do Toural. Nel poderemos descubrir a inxustiza, as causas e as loitas solidarias que son sementes de esperanza.

O Movemento Cultural Cristián propón a todas as persoas sensibles ao crime da fame a que se unan a este acto, coa seguinte acción simbólica: levar unha pequena planta, que alí sinalaremos co nome dalgunha das moitas experiencias actuais de loita contra a fame.

Tamén convidarvos a compartir con nós esta xornada de cuestionar as nosas vidas, en solidariedade cos empobrecidos.

Convocaremos ás 19:30h na Pza do Toural para unha Concentración, pero podedes unirvos previamente ao percorrido e a difusión das edicións de "Voz de los sin Voz".


Unha aperta e Bo Nadal,

Miguel
Casa de Cultura e Solidariedade
Rúa do Home Santo 47, baixo
Santiago de Compostela
http://galiciasolidaria.blogspot.com.es/




Comunicado