martes, 22 de diciembre de 2015

Este sábado 26 de decembro














Marcharemos en solidariedade con eles. Querendo achegarnos a eles un pouquiño. Querendo transformar a nosa mirada, o noso pensamento, a nosa acción... para que o Belén de hoxe nos remova sempre.

Estades convidados:

MARCHA CONTRA AS CAUSAS DA FAME, O PARO E A ESCRAVITUDE INFANTIL.

11H. SAÍDA DESDE MONTE DO GOZO (ESTATUA AO PEREGRINO)
13H. ACTO PÚBLICO NO OBRADOIRO.


Haberá un autobús desde Xoán XXIII, polo que é necesario confirmar asistencia.

ccys_santiago@hotmail.com
630115130

viernes, 11 de diciembre de 2015

ACTOS PARA A ESPERANZA




EUCARISTÍA POLA XUSTIZA. PARROQUIA SAN JUAN DE VITE, 12H. DOMINGO 13 DE DECEMBRO DE 2015.


CAMIÑO DE SANTIAGO DESDE O MONTE DO GOZO CON ACTO FINAL NO OBRADOIRO. SÁBADO 26 DE DECEMBRO DE 2015.

jueves, 3 de diciembre de 2015

SÁBADO 26 DE DECEMBRO DE 2015.

Temos unha proposta que nos parece interesante para este Nadal. 



Consiste en xuntarnos familias, amigos, grupos e asociacións para realizar a última etapa do Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo ata o Obradoiro. Será o sábado 26 decembro pola mañá, de 11 a 13h. 
A humanidade está en camiño fuxindo de guerras e fame, pero tamén esixindo os seus dereitos e colaborando a construir lazos de solidariedade. E non queremos permanecer indiferentes. Así que camiñaremos "con eles" e teremos algunha breve parada na que lembraremos o motivo que nos une alí.

Ao final haberá un acto público na Pza do Obradoiro.

Para levalo a cabo, convidámosche a que organices un café, unha pequena reunión con 3 ou 4 amigos, familias... o que consideres mellor para presentar esta proposta.

Se queres participar ou tes algunha dúbida, podes escribirnos a este mail ccys_santiago@hotmail.com ou chámanos ao 630 115 130.

Graciñas,
Teresa de Vallejo.
Movemento Cultural Cristián.
Casa de cultura e solidariedade
Rúa do Home Santo 47, baixo.
15703- Santiago de Compostela.


miércoles, 2 de diciembre de 2015

TEATRO: IMPOSIBLE MATAR LA BELLEZA


SÁBADO 12 DE DECEMBRO


Centro Sociocultural de 
Fontiñas



19H.


Teatro del abrazo



¡¡¡¡IMPRESCINDIBLE!!!!!


ENTRADA DE BALDE


lunes, 23 de noviembre de 2015

Este venres 27 de novembro na casa de cultura e solidariedade: FESTIVAL DE MÚSICA E POESÍA

Este venres quedas convidado a compartir con nós un encontro de música, poesía e contos.

Participarán Celsiño, Xaquín e algúns outros (algúns desde lonxe), para facer un espazo creativo no marco da Campaña pola Xustiza nas relacións Norte - Sur.

Vén con amigos a compartir un tempo de arte e solidariedade.


martes, 17 de noviembre de 2015

Un espectáculo conmovedor. Un espacio de diálogo. "Imposible matar la belleza"



IMPOSIBLE MATAR LA BELLEZA.
Un espectáculo de Teatro del Abrazo (por Moisés Mato)


VENRES 11 DE DECEMBRO 21:30h.  LALÍN. Salón Teatro.
SÁBADO 12 DE DECEMBRO 19h. SANTIAGO DE COMPOSTELA. Centro Sociocultural de Fontiñas.


Máis info no ccys_santiago@hotmail.com

lunes, 9 de noviembre de 2015

A humanidade en camiño

No ano 2015 chegaron a Santiago 200.000 peregrinos. Estes días está na prensa que "acollemos" a algo máis dunha decena de persoas.
O vindeiro 26 de decembro faremos a última etapa do Camiño de Santiago en solidariedade cos inmigrantes empobrecidos. Podes inscribirte no mail
ccys_santiago@hotmail.com

A humanidade está en camiño: loitando, esixindo os seus dereitos, migrando... Nós tamén nos poñemos en camiño.



miércoles, 4 de noviembre de 2015

martes, 27 de octubre de 2015

Edicións Voz de los sin Voz




Ed. Voz de los sin Voz na Facultade de Historia. Máis de 700 títulos publicados ao coste de impresión (1-2€).


Hoxe estivemos en Historia. Mañá mércores estaremos en Económicas.

jueves, 15 de octubre de 2015

ESTE XOVES 22 DE OUTUBRO... NOVA OPORTUNIDADE DE DIÁLOGO!!!

Inauguramos exposición de Sebastiâo Salgado coa obra maestra de Wim Wenders sobre un dos fotógrafos que máis teñen aportado a visibilizar a inxustiza.

lunes, 5 de octubre de 2015

DESDE MÉXICO "SIN TIERRA": POESÍA EN VOZ ALTA.

 
Este espectáculo SIN TIERRA chega á Casa de Cultura e Solidariedade desde México.

Esta organizado por un grupo de poetas, que seguro que farán que disfrutemos co espectáculo.
A Casa de Cultura e Solidariedade está contenta de poder recibilos e ofrecerlles o noso espazo.

¿CANDO? XOVES 08 DE OUTUBRO ÁS 20H
¿ONDE? RÚA DO HOME SANTO 47, BAIXO. SANTIAGO DE COMPOSTELA.

ENTRADA DE BALDE.



 
 
 
 

domingo, 4 de octubre de 2015

Teatro aficionado na sala do centro sociocultural de Fontiñas.


Onte tivo lugar a representación da obra
Tu Salvador, mi Salvador: SALVADOR. Unha obra escrita, colaborada e representada por un grupo de amigos.

A obra foi ben acollida no Centro Sociocultural de Fontiñas e rematou cunha frase, eixo do texto teatral, de Tomás Malagón:

SOMOS DESEO

Graciñas a todos os que asististes. Graciñas a todos os que a fixeron posible. SEGUIMOS...


O barrio en forma: iudo na Pza Iqbal Masih


miércoles, 30 de septiembre de 2015

TEATRO AFICIONADO: UNHA OBRA SOBRE O QUE SOMOS E O QUE NON SOMOS.

Por fin, este sábado!
"Unha das grandes obras do Teatro Aficionado, baseada nos escritos de Miguel de Unamuno e Tomás Malagón"
"Unha obra profunda e desternillante"
"Un elenco orixinal de actores non profesionais"

¿Onde? Centro Socio cultural de Fontiñas
SÁBADO 3 DE OUTUBRO ÁS 19H.


ENTRADA DE BALDE

domingo, 30 de agosto de 2015

Últimos días de la exposición "Rana Plaza"

Este domingo se realizó otra visita a la exposición sobre "Rana Plaza", edificio que se desplomó en 90 segundos en Bangladesh debido a las malas condiciones de la obra aplastando a personas que trabajaban, de forma explotada  para multinacionales del textil.
Vídeo introductorio a la exposición.
Familia enteras quisieron conocer de primera mano cómo ocurrió, por qué y qué podemos hacer frente a tantas injusticias y sufrimientos.

Seguimos invitando a los que lo deseen a anotarse dado que pronto será retirada de la Casa de Cultura y Solidaridad de Santiago.




jueves, 16 de julio de 2015

Benvida a Galicia aos "Campamentos de Verán"

Este ano, os Campamentos de Verano chegan a Galicia, organizados por Camino Juvenil Solidario e o Movemento Cultural Cristián. Recibimos moi contentos aos 85 rapaces que percorrerán Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela entre o 12 e o 26 de xullo. Desde o pasado domingo comezaron xa as actividades, que comezaron cunha visita ás instalacións da factoría de Citroen en Vigo. O campameto inclúe un tramo do Camiño de Santiago para os xuvenís, e agardamos con ilusión a súa chegada á cidade.


viernes, 26 de junio de 2015

Este sábado 27: difusión de cultura solidaria en Pontevedra.




Amplifica tu vocabulario, tu cabeza y tu corazón.

Cerramos este curso con un puesto de libros de las Ediciones Voz de los sin Voz en la Pza de la Peregrina en Pontevedra. Sábado 27 de junio por la mañana.

Más de 700 títulos para elegir buenos libros para este verano.

¡¡Te esperamos!!

domingo, 7 de junio de 2015

Acto pola PAZ, martes 20.30h.


[Martes 9, 20.30h, Praza do Toural]

Un grupo de persoas e asociacións de Santiago de Compostela levarán a cabo un acto no que denunciarán as causas das guerras e darán a coñecer testemuñas de loita pola PAZ en todo o mundo. Nun momento histórico de especial angustia pola violencia armada no mundo, desde a Casa de Cultura e Solidaridade apoiamos este acto e animamos a unirvos a todos os que poidades.


¡NUNCA MÁIS A GUERRA!

martes, 19 de mayo de 2015

Non coñezo aínda ningunha época nin de crise nin de bonanza, no que ningún emigrante nos quitara nada



Jesús Blasco de Avellaneda leva desde 1997 desempeñando labores informativas na fronteira sur de Europa, onde foi delegado de Informativos Tele5 en Mellila e Marrocos, director Territorial de Televisión Española en Melilla, redactor xefe de El Telegrama e colaborador habitual en medios europeos e africanos. Actualmente exerce como freelance na zona. A súa é unha formación extensa que vai desde Licenciado en Ciencias da Comunicación, a diplomado en Seguridade e Defensa, pasando por experto en inmigración, fronteiras, relacións internacionais, criminoloxía e o Magreb.

Como debe reaccionar Europa ante traxedias como a recente de Lampedusa?
Europa e o mundo occidental viven excesivamente  pendentes de si mesmos, crense o embigo do mundo. África precisa un Plan Marshall, África agoniza polas políticas levadas a cabo por Occidente. Hai unha desigualdade enorme entre África e Europa e entón a fronteira sur, agora mesmo, é o fiel reflexo dese desequilibrio enorme que contribuímos a crear pero, dende logo, non a acabar con el.

Creo que a inmigración non é un problema, o ser humano nunca pode ser un problema, é parte da solución. Os movementos migratorios son parte do ser humano, unha parte intrínseca á sociedade que existen desde que existe o home e nos que o home busca mellorar o seu status. Unha parte do mundo formamos unha especie de club no que nós podemos andar por onde nos dea a gana pero os demais non, e se o fan, acorde á nosa normativa, á normativa que a nós nos deu a gana e, moitas veces, de xeito irregular. E nós facemos todo o posible por blindar ese Estado de Benestar falso, só para nós, no que falamos da universalidade, da gratuidade e da liberdade. Falamos de que a sanidade é gratuíta e universal, igual a educación, falamos dos dereitos humanos e universais, pero logo non llos queremos deixar gozar ao resto das persoas porque os vemos en perigo para nós.

 Pois imos mudar as normas, para que poidamos xogar todos. Imos deixar de ver a inmigración como un problema: o problema non é a inmigración, non é o valado, non son as fronteiras, é a vulneración dos dereitos humanos e as desigualdades sociais e económicas, son as políticas que se fan en contra de intentar mellorar a situación desas persoas.
O que non pode ser é que no próximo sexenio a Unión Europea destinara unha cifra absolutamente desorbitada para a súa defensa, o que non pode ser é que non haxa un observatorio de dereitos humanos na fronteira, cando se pediu mil veces. O que non pode ser é que as forzas de seguridade españolas se salten a lexislación nacional e europea á torera. O que non pode ser é que en España se vulneren os dereitos humanos. O que non pode ser é que España, Francia, e por ende, a UE, financien as forzas auxiliares, un corpo paramilitar marroquí que ten como única misión partirlle as pernas a esa xente para que non salten o valado. Un corpo que creamos nós, entre o protectorado español e francés para que nos protexeran a zona turística e agora é para matar inmigrantes. E iso é o que non pode ser. Iso non son os problemas, non os movementos migratorios, non que a xente queira ter unha vida mellor.
O que hai que intentar é unha política máis aperturista, con visados humanitarios, económicos, de estudos, mellorar o asilo, axudar aos países en tránsito, pódense facer mil cousas, pero para iso fan falta as países macroeconómicas, ese plan Marshall. Pero o que non pode é deixárselle a responsabilidade a Melilla e a Ceuta, a Italia e a España ou á Unión Europea porque é un problema global.

A inmigración nin sequera é tan grande de África a Europa, dos catro grandes continentes, África, Europa, América e Asia, o que menos emigra é o africano e o 75% das emigracións africanas son interiores, dentro do propio continente. E a chegada a través do valado tamén é pequena, chegan moitos máis polos aeroportos, a inmigración irregular en España entra por Barajas e polo Prat. O que non pode ser é, porque nos interesa politicamente, visibilizar máis unha parte da inmigración e criminalizala e, pouco máis, tachala de invasión. Non hai invasión nin a inmigración é o problema.

O que ocorre no valado evitaríase cun protocolo interno para as forzas de seguridade?
É certo que non hai un protocolo interno, que podería habelo, deféndeo a Unión de Gardas Civís, eu non o defendo pero tampouco o ataco, se ten que habelo que o haxa, pero o protocolo márcao a lexislación vixente. Hai unha lei orgánica que nos di o que temos que facer, eu nunca vin un policía ir pola rúa e que teña ningún problema en pedir a documentación e que diga non, isto aplícocho por esta lei. Saben as leis e aplícanas e cumpren as súas funcións de cumprir a lei e facela cumprir. Por que o valado é distinto? Unha vez que pasan o valado hai unha lei de estranxeiría, orgánica que di o que hai que facer. O artigo 58 di que cando unha persoa está entrando, non que entrou xa, cando está nese proceso, débeselle coller, abrir un expediente de expulsión. Hai tres figuras xurídicas para isto pero todas recollen que debe ser devolta por un sitio habilitado, despois de identificala, cos seus datos de saúde, se é peticionario de asilo, ter un tradutor e un avogado, para que esta persoa saiba que está sendo expulsado, legalmente, acorde coa lei vixente. O que ti non podes facer é pegar paus a destro e sinistro a quen sexa, ferir á xente, dicir que son elementos pasivos, non lesivos. Uns valados de 6 metros cheos de coitelas, como vai ser un elementos pasivos? Hai que ter pouca vergoña para dicir iso. Ata o seis de febreiro a Garda Civil recibía a bolazos na cabeza aos inmigrantes, e en 2005 disparábase con fogo real, houbo mortes por iso. Melloramos algo? Si, pero seguimos saltando a lei.
Eu, como xornalista e como melillense, o que non podo consentir é que haxa o primeiro valado, o segunda, o terceira e o cordón policial e que cando os inmigrantes superan todo iso e van correndo ao centro de estancia temporal de inmigrantes, como se fose unha embaixada, collelos de camiño e tamén expulsalos, iso non se fai, non é así o protocolo. Iso non pode ser, vai en contra mesmo da normativa que vimos de aprobar, que xa está aprobada ad hoc para poder saltarnos a lei orgánica, e resulta que tamén a saltamos. Non ten ningún sentido. A Garda Civil ten que facer o seu traballo e custodiar a fronteira? Si, pero se o seguimos facendo así, entón ou facemos outra lexislación ou mudamos a que temos.

Nos valados, á parte de a altura, os inmigrantes atópanse coas concertinas…
As famosas concertinas son unha clara violación dos dereitos humanos e a xente non sabe as mentiras que se dixeron. As concertinas puxéronse en marzo do 99 cando se inaugura o valado de Melilla, xa había concertinas, sempre as houbo e nunca se retiraron. Houbo un xogo de vale, eu quítoas de arriba e póñoas abaixo, eu quítoas de abaixo e póñoas no medio, pero sempre estiveron, fóronse modificando. Antes estaban coroando ambos valados, logo só nun, logo de superficie, é dicir, no chan.
Unha empresa española, con cartos españois, vén de facer un cuarto valado, que é o marroquí, que está antes dos tres españois, completamente rodeado de concertinas en subida e en baixada. É un elemento pasivo e non lesivo? Mentira, eu vin xente cos brazos desgarrados , cos glúteos abertos, coas pernas rebentadas, xente que queda sen ollos, xente que morreu. Ah, e entre o valado español e o marroquí hai un foso de 4 metros, construído por Marrocos, e financiado tamén pola UE, cheo de concertinas. Todas as concertinas que sobraron das obras anteriores fóronse tirando ao foso, de xeito non lesivo, pasivo. Entón, cando chove e o foso se inunda, non se ven as concertinas, entón houbo inmigrantes que quedaron enganchados e morreron afogados.
 
Coa crise calla cada vez máis en Europa o discurso político interesado da inmigración...
Non coñezo aínda ningunha época nin de crise nin de bonanza, no que ningún emigrante nos quitara nada e se cho quitan é que o merecían máis ca ti, porque o loitou máis, porque estaba mellor preparado ou porque é un traballo que ningún español quería, como pasou historicamente cos plásticos do Ejido ou as fresas de Huelva. É vender unha moto que non é certa.
Polo valado entra moi pouca xente e a pouca que entra, é derivada a centros de internamento de estranxeiros ou de acollida provisionais onde, ou rematan sendo repatriados a países, e a países que non son o seu, e en avións españois, pagados polo Ministerio, cos nosos impostos. Entre a xente que se expulsa e a xente que non quere quedar en España, os que quedan aquí son 4 gatos, que son os que vemos moitas veces malvivindo no top manta, en traballos moi mal pagados da economía
somerxida.Os inmigrantes que veñen aquí quitarnos o traballo? Messi, claro, cantos rapaces haberá na canteira do Barça cun bo nivel? Que eses se queixen da inmigración, que hai un arxentino que lles quitou o traballo e dámoslle a nacionalidade e abrímoslle as portas. Por que? Porque gaña moito e deixa moito diñeiro a facenda, ai non! Que iso Messi tampouco, que non paga.
Diso non nos queixamos porque somos o país da pandeireta, do fútbol e o folclore, pero eses son os inmigrantes que nos quitan o traballo.

Como está a situación nos centros de internamento cando chegan?
Os centros de internamentos son cárceres encubertas, centros de privación total da liberdade e os dereitos, non só de movemento, senón de todos os dereitos das persoas. A pena máxima por entrar irregularmente a un país é a apertura dun expediente de expulsión ou un rexeitamento en fronteira. Pois nós collemos e metémolos en cárceres nas que, teoricamente só poden estar 60 días pero unha leche en vinagre, que hai xente que pasa meses e meses. E pasan cousas moi duras, e pecháronse centros que funcionaban moi mal, como o de Málaga, onde se cometían todo tipo de atrocidades, pero é que seguen pasando todo tipo de atrocidades: violacións a internos, enfermidades que non se diagnostican, mortes inexplicables, tundas brutais. Son centros de privación da liberdade a xente que non cometeu ningún delito.

Moitas das ONG´s que traballan en terreo afirman que é importante conciencias á mocidade de que o soño europeo non é tal...
Iso tamén é xogar politicamente. Se unha persoa, no máis íntimo do seu ser, quere saír da súa terra e buscar vida noutra parte e ten todo o dereito do mundo e nós non somos ninguén para dicirlle o que é soño europeo ou non. O mundo é de todos. Si é certo que o 90% da xente que salta son mozos, fortes, de entre 17 e 25 anos, que son o futuro dos seus países, que ao mellor facían máis favor á súa terra e ás súas familias loitando alí pola liberdade. Pero cando unha persoa non pode máis, sae do seu país e eu cólloo e doulle una charla de ai non, non sigas, que Europa non che convén, que o soño europeo non é o que ti pensas. Agora, si explicar que pode facer máis quedando no seu país, pero claro, para iso hai que axudalos. 
O inmigrante é inmigrante, non é parvo. Eles saben que Europa está en crise, pero hai países nos que a xente está traballando, pero explícanche que non soportan a falta de liberdade política ou relixiosa. Non saben o que son os dereitos, por que non van ter dereito a gozar deles?

Como deben contar os xornalistas que é a inmigración?
É fácil e sinxelo e á vez tan difícil e complexo como ter moito coñecemento da realidade, das normas, crer moito no que fas, non é sinxelo, non o pode facer calquera xornalista. Tes que contar a verdade, e iso é moi difícil hoxe en día. A verdade non nos gusta, doe. Moitas veces autocensurámonos. A mediación do xornalista é moi difícil, pero moi difícil e á vez tan fácil como preguntarte que é o que queres e con todo o coñecemento que che dá o teu traballo, o terreo e a lexislación, usalo para contar a verdade e concienciar á xente.
 
O problema está en que o ser humano non ten a capacidade real de crer que todos somos iguais e merecemos os mesmos dereitos. Por moito que o digamos non o cremos. Veño de dar unha charla no curso de xornalismo social e eu dicíalles aos alumnos que se chegara un inmigrante a sentar nunha cadeira baleira, unha negro que acaba de cruzar o valado, como ule, a roupa que leva, por moito que quixeran, no profundo do seu ser, non o tomarían como un igual, disimularían, socialmente. Pero porque o ser humano, o racismo, a xenofobia, a clasificación, é unha necesidade humana básica, precisamos sentirnos distintos, superiores. É moi difícil inculcar que alguén distinto a ti, con outra lingua, outra cultura ou outro idioma veña á túa terra para ter os mesmos dereitos ca ti. Agora, se verdadeiramente cremos que o mundo cambiou logo da Segunda Guerra Mundial e coa caída do Muro de Berlín e coa globalización, temos que levalo á práctica.

Como é o traballo dos xornalistas do valado?
Non existe ningunha lexislación ao respecto. Os únicos que se posicionaron un pouco foron reporteiros sen fronteiras ante casos moi graves. Pero mira, eu fun detido en España 3 veces e multado outras tantas e en Marrocos 5. Eu teño denuncias abertas coa Garda Civil. Eu fun perseguido, sigo séndoo e ameazado. Este móbil que teño aquí tívoo dous anos a Garda Civil. E confiscáronme cámaras, borráronme tarxetas.O meu traballo é de freelance e hai pouco contratoume o programa de Ana Rosa para facer unha reportaxe das planeadoras da droga de Melilla. E parte da reportaxe era dar unha volta coa Garda Civil do mar, para ver como se moven eles, como vixían e cando pediron os permisos, eu era o cámara, pois o meu viña o meu nome. A oficina de protocolo e comunicación da comandancia de Melilla chamaron ao programa para dicirlles que se querían facer esa parte da reportaxe tiñan que contratar outro cámara porque esa persoa era non grata, e mentres eu fose o cámara non tiñan permiso. E iso pasoume hai dúas semanas. E é unha de tantas. Eu chegueime a erguer e saír á rúa e una parella da secreta detrás de min. Eu estou denunciado por favorecer a inmigración ilegal, por revelar segredos de estado, por desobediencia grave, por traballar en zona de seguridade.
Os xornalistas somos o último mono, estorbamos no valado. Quen nos defende? A min ninguén. A Asociación de Prensa de Melilla, xamais; a FAPE, xamais, Reporteiros sen Fronteiras foron os únicos e xa con casos moi bochornosos.

lunes, 11 de mayo de 2015

Ehsan no sabe decir "No"

Durante su estancia en Santiago de Compostela está asistiendo a un enorme número de visitas, charlas, actos...
Este incansable luchador acepta todas las propuestas que le vamos haciendo; incluso nos empuja a hacer más actos, más charlas...
Estos días ha estado en varios centro educativos de Santiago: Xelmírez II, La Salle, Pío XII, Cluny...
El miércoles pasado estuvo en A Coruña, en Maristas.
Gracias Ehsan.
Tenemos mucho que aprender de tí. Queremos aprender de tí.
IES Xelmírez II

IES Xelmírez II

CEIP Pío XII

CEIP Pío XII

Colegio San José de Cluny

Colegio San José de Cluny














"Me gusta mucho preguntar a los niños, aprendo siempre de ellos"











"Los niños son niños. No importa su color, blancos, negros..."











"Los niños son niños. No son cristianos, musulmanes, hindúes, son niños"












"Los niños tienen que trabajar con el lápiz y el papel no con  herramientas"













Como  decían Iqbal y sus compeñeros liberados cuando pedían la erradicación de la esclavitud infantil
  ¡¡¡we are free!!!

martes, 5 de mayo de 2015

Eshan Ullah Khan habla y escucha a jóvenes de Santiago

Esta tarde unos jovenes de Santiago han querido reunirse con Eshan Ullah Khan porque están sensibilizados con el drama de la esclavitud infantil.
Eshan Ullah Khan dedica su vida a la lucha por liberar a los niños esclavos en la India. Él vive ahora en Europa porque fue amenazado de muerte al liberar, junto con otros niños, al pequeño Iqbal Masih, luchador contra la esclavitud de otros niños que como él hacían alfombras. Iqbal Masih era consciente del peligro que corría su vida porque ya había sido amenazado pero conitnuó su solidaridad con la causa y fue asesinado en 1995.
Estos jóvenes conocen estas experiencias solidarias pero quieren profundizar sobre ello y de ahí este encuantro en la Casa de Cultura y Solidaridad. Ánimo que bien vale la pena.
 

jueves, 16 de abril de 2015

XX Aniversario Iqbal Masih en Santiago de Compostela

El acto comenzó en el centro socio cultural de Fontiñas dado que la lluvia impidió que se realizara en la plaza Iqbal Masih, con un pequeño vídeo de la experiencia de Craig, un niño canadiense que decidió conocer en primera persona la vida de los niños esclavos y asociarse después para luchar contra esta gran injusticia.
Seguidamente los alumnos del IES Antón Fraguas, IES Xelmírez II, Seminario Menor y colegio Juventud realizaron los trabajos que durante varias semanas prepararon con sus respectivos profesores para ver qué ocurre con los niños esclavos, por qué existen 4oo millones de niños esclavos en el mundo y qué podemos y debemos hacer nosotros y lo que ya hicieron otros como el niño Iqbal Masih.

Gracias a todos por vuestro trabajo y que de hoy hasta el año que viene sigamos denunciando esta canallada, exigiendo escuelas para los niños y trabajo para los adultos y gritando como lo hizo Iqbal: ¡No compremos la sangre de los niños!












Foto  cedida por Agareso

Foto  cedida por Agareso

Fotos  cedidas por Agareso

Fotos  cedidas por Agareso

16 de Abril en Santiago de Compostela y en todo el mundo.

Contentos!!! Así chega o 16 de Abril. Contentos de poder contribuir á corrente solidaria de milleiros de persoas anónimas. Contentos dos Iqbal Masih do mundo, dos Malala, dos "Chicos del Pueblo", das asociacións que día a día loitan...

Contentos tamén polo traballo de centos de escolares de Santiago de Compostela que hoxe, 16 de abril de 2015, estarán na homenaxe a Iqbal Masih, na súa praza (se a choiva o permite) despois de ter traballado nas aulas e cos amigos sobre o problema de ¡¡400 MILLÓNS DE NENOS!! ¡¡¡¡ESCRAVOS!!!!
 
Convidamos a todos os Compostelanos a ir pola Pza Iqbal Masih hoxe ás 11h. Será un acto bonito. Feito polos nenos e no que o importante son as vidas doutros nenos.
 
Convidamos a este 16 de Abril, de LOITA, de ESFORZO, de VIDA.
 
 
 
 
" Nuestra generación verá el fin de la esclavitud"
Kailash Satiarthi. Premio Nobel de la Paz 2014.
 

martes, 14 de abril de 2015

"El negocio de la enfermedad"




Ayer, desde Promoción y Educación Solidarias, se celebró una charla en la facultad de Medicina gracias a la colaboración de varios profesores de la misma.

La sala se vió con una gran presencia de estudiantes, profesores y personas con interés sobre el tema que nos ocupaba: El negocio de la enfermedad.

Después de la charla se generó un diálogo muy participativo.

Agradecemos a Óscar Quintela, Farmecéutico que ejerce como Toxicólogo Forense en el Instituto Nacional de Toxicología de Madrid, por haber venido a abrirnos los ojos sobre la industria farmacéutica.

viernes, 10 de abril de 2015

Contra as causas da Escravitude Infantil

 Ola amigos:

Mándovos a información dos vindeiros actos que teremos co motivo do Día Mundial contra a Escravitude Infantil, 16 de abril, día no que foi o asasinato do neno Iqbal Masih (XX Aniversario).

Como sabedes, neste Concello temos unha Praza que se chama Iqbal Masih, para que sexa referente para os nosos nenos, mozos e... adultos!! porque todos podemos aprender que é necesario empeñarnos na desaparición da escravitude, ollando a vida e loita deste neno e de tantos Iqbal que hai no mundo.

Pois ben, invitámosvos ás seguintes posibilidades de diálogo - acción:

SÁBADO 11 DE ABRIL:

Pola mañá postos

e exposición en distintos puntos da cidade, onde se pode colaborar levando materiais, difundíndoos, e mesmo coas mans nalgunha performance que montaremos.

Pola tarde: 19h visita guiada á exposición ubicada na Casa de Cultura e Solidariedade (rúa do Home Santo 47) en memoria do derrubamento en Rana Plaza (pequenos artistas e grandes, colaboraron nesta exposición).

LUNS 13 DE ABRIL, 19:30h:


Charla e coloquio: O NEGOCIO DA ENFERMIDADE. A cargo de Óscar Quintela, Farmacéutico e Toxicólogo Forense. Aula Castelao. Facultade de Medicina.

MARTES 14 DE ABRIL, 20:00h:

CINE na Casa de Cultura e Solidariedade (rúa do Home Santo 47): DIAMANTES NEGROS (fútbol e escravitude infantil).

 XOVES 16 DE ABRIL, 11h:



ACTO EN MEMORIA DE IQBAL MASIH NA PZA IQBAL MASIH (Rúa do Home Santo). Participarán alumnos dos centros educativos: IES Antón Fraguas, IES Xelmírez, Colexio Juventud, Seminario Menor.


Tamén se realizarán actos noutras vilas de Galicia, como Vigo e A Rúa. Podes chamarnos para pedir información.

Unha aperta e agardamos que sexa do voso interese,

Teresa de Vallejo.

PD: agradecemos, como sempre, difusión.

domingo, 8 de marzo de 2015

Clube de lectura: "La otra historia de los EEUU" de Howard Zinn.

Este xoves na Casa de Cultura e Solidariedade poñeremos en común este gran libro.
 
Howard Zinn declara: “Mi punto de vista, al contar la historia de los EEUU, es diferente: no debemos aceptar la memoria de los estados como cosa propia. Las naciones no son comunidades y nunca lo fueron. La historia de cualquier país, si se presenta como si fuera la de una familia, disimula terribles conflictos de intereses (algo explosivo, casi siempre reprimido) entre conquistadores y conquistados, amos y esclavos, capitalistas y trabajadores, dominadores y dominados por razones de raza y sexo. Y en un mundo de conflictos, en un mundo de víctimas y verdugos, la tarea de la gente pensante debe ser –como sugirió Albert Camus- no situarse en el bando de los verdugos”.
Howard Zinn nos trae, como él mismo dice, la historia vista por los arawaks, por los esclavos, por los cherokees, por los desertores, por las obreras y los obreros, por los cubanos de la guerra de Cuba, por los soldados rasos filipinos, por los socialistas, por los pacifistas, por los negros de Harlem, por los peones de Latinoamérica, … Si usted quiere saber lo que pasó y pasa en la Historia de Estados Unidos escuche el grito de los pobres, viene a decir, y es que un poco más allá, en el libro entero, se oye como una alarma la voz de los que no han tenido voz, Howard Zinn expurgan documentos, trae declaraciones, hace transparente la motivación de los cambios y EEUU aparece tal cual es.

sábado, 7 de marzo de 2015

Fantástico taller de cocina este sábado

Con una gran afluencia de niños y niñas se celebró esta mañana un taller de cocina en la Casa de Cultura y Solidaridad.
Ahí queda una buena muestra del resultado de dicho taller.

Los participantes:

GRACIAS A LAS PROFES, YOLI Y ÁNGELA Y A TOOOODOS LOS QUE PARTICIPASTEIS.


martes, 27 de enero de 2015

Acto en solidaridad con los hambrientos del mundo.


Este mes de diciembre de 2014 nos juntamos un grupo de amigos para solidarizarnos con los hambrientos del mundo.
Sabemos que tiene solución y así queremos manifestarlo. Unos pudimos estar en la Plaza de las Platerías en Santiago de Compostela y otros que también quisieron colaborar  nos mandaron sus fotos.
Gracias a todos por vuestra colaboración.