Este venres quedas convidado a compartir con nós un encontro de música, poesía e contos.
Participarán Celsiño, Xaquín e algúns outros (algúns desde lonxe), para facer un espazo creativo no marco da Campaña pola Xustiza nas relacións Norte - Sur.
Vén con amigos a compartir un tempo de arte e solidariedade.
No ano 2015 chegaron a Santiago 200.000 peregrinos. Estes días está na prensa que "acollemos" a algo máis dunha decena de persoas. O vindeiro 26 de decembro faremos a última etapa do Camiño de Santiago en solidariedade cos inmigrantes empobrecidos. Podes inscribirte no mail ccys_santiago@hotmail.com
A humanidade está en camiño: loitando, esixindo os seus dereitos, migrando... Nós tamén nos poñemos en camiño.