Este venres 27 de novembro na casa de cultura e solidariedade: FESTIVAL DE MÚSICA E POESÍA
Este venres quedas convidado a compartir con nós un encontro de música, poesía e contos.
Participarán Celsiño, Xaquín e algúns outros (algúns desde lonxe), para facer un espazo creativo no marco da Campaña pola Xustiza nas relacións Norte - Sur.
Vén con amigos a compartir un tempo de arte e solidariedade.