COMUNICADO
DE PRENSA
O
BELÉN SERÁ RETIRADO DA PRAZA DO OBRADOIRO
Santiago
de Compostela, 05 de Xaneiro de 2017
O
vindeiro 7 de Xaneiro, coincidindo co remate do Nadal, o Movemento
Cultural Cristián retirará da Praza do Obradoiro o Belén que foi
instalado o día 22 de decembro.
Queremos
agradecer a todos os cidadáns que colaboraron para que esta
iniciativa fose adiante e puidesemos ter presente nas nosas rúas o
símbolo de humildade, amor e solidariedade que representa o Belén.
En
especial ás parroquias de Santiago e Teo, ás persoas que axudaron
na elaboración do Belén con material de refugallo e aos cidadáns
que asistiron ao acto público do día 22.
Agradecer
tamén a toda a cidadanía de Santiago o respecto e civismo co que
trataron o Belén, especialmente a todas esas persoas anónimas que
estes días estiveron adornando á familia de Nazaret con flores,
candeas, mensaxes e mesmo coas tradicionais doce uvas.
Queremos
poñer en valor que a colocación do Belén tense realizado por
iniciativa cidadá demostrando que unha sociedade forte é quen de
ser protagonista da vida cultural, política e social da súa cidade,
tamén en aspectos básicos como o de que símbolos poñer na súa
praza máis emblemática na festividade do Nadal e queremos animar á
cidadanía a seguir a traballar nesta liña para facer medrar a
democracia entre todos nós.
¡¡Graciñas!!
Responsable
de prensa: Juan S. 633 513 404
Responsable
da organización: Teresa 630 115 130