A mañá do sábado 4 de marzo, o local da Casa de Cultura e Solidariedade de
Santiago de Compostela amaneceu con destrozos no escaparate e unha pintada na
fachada que di “aborto livre e gratuito”. Descoñécense polo momento os autores
da agresión, da que se ten realizado denuncia ante a Policía Nacional.
A Casa de Cultura e Solidariedade pertence ao Movemento Cultural Cristián
que promove a Campaña pola Xustiza Norte – Sur, que trata os grandes problemas
da humanidade: fame, escravitude infantil, paro e explotación, defensa da vida. Neste local
social ofrécense, desde hai máis de 20 anos, actos solidarios, actividades
culturais e educativas (cine fórum, relatorios, festivais, actividades para
nenos e adultos). Todo isto faise de xeito libre e gratuito, e sen subvencións
de carácter público ou privado.
Os responsables da Casa de Cultura e Solidariedade lamentamos e condenamos
calquera tipo de acto de violencia como o realizado nas nosas instalacións, e
agradecemos o apoio ás persoas e asociacións que xa nos transmitiron o seu
apoio e solidariedade.
Seguiremos traballando para construir un mundo mellor.